A AC A
Fervenza de Ouzande recupera na súa programación a Ruta de Nadal, que non se
celebrou estes últimos anos e que se iniciou alá polo 2010. Nesta edición, a
duodécima, realizarase a subida ao Castro de Arcos, no veciño concello de
Cuntis.A Asociación convida a pasar a mañá do día de Nadal dun xeito diferente.
Gozaremos da paisaxe, da natureza e da conversa amigable, e seguro que tamén
servirá para alixeirar a copiosa cea de Noiteboa.
Luns 25 de decembro de 2023
Hora de saída: 09:45, diante da Igrexa de Ouzande.
Chegada sobre as 13:30 ao mesmo sitio.
12,5 km de percorrido, dificultade media baixa.
Recoméndase levar calzado cómodo e impermeable.
A ruta só se suspenderá se as condicións meteorolóxicas impiden a súa
realización.
A actividade é gratuíta e poden participar todas as persoas que o desexen,
socias ou non socias.
LUGARES DE INTERESE
Castro de Arcos. Sito no Concello de Cuntis. Fermoso promontorio, coas trazas
de castro, pero que está sen escavar. Desde o alto. obsérvanse fermosas
panorámicas do Val da Anllada e do monte Xesteiras. Recoméndase levar
prismáticos, pois mesmo se chega a ver a Ría desde o alto.
Encoro da Estrada: Descenderemos pola beira do antigo encoro que abastecía de
auga á vila da Estrada, convertido hoxe en día nunha lagoa na que destaca a
vexetación propia de ribeira así como a presenza dalgunhas aves migratorias
nalgunhas épocas do ano.
Espazos naturais e paisaxe: A ruta combina espazos naturais autóctonos con
zonas moi deterioradas polo efecto do home nas que se fixeron grandes
plantacións de eucaliptos mesmo en zonas de humedais e turbeiras de gran valor
ecolóxico. Tamén, recentemente, foron instalados varios muíños de vento, cuxas
obras provocaron certo impacto na contorna e o deterioro de algunhas paraxes.
mapa da ruta